FUNDACIÓN Proxecto ecovital A Fundación Ofir Vida é unha organización sen ánimo de lucro, creada en memoria de Ofir Carballal González e Luciano Martínez Pérez, co compromiso de mellorar a calidade de vida no ámbito rural. Prioriza a atención a mulleres vulnerables, novas en risco de exclusión, persoas maiores e colectivos con diversidade funcional, actuando desde a equidade, a sustentabilidade e o desenvolvemento comunitario. Con sede no municipio da Lama (Pontevedra), a Fundación estende as súas accións a toda a Comunidade Autónoma de Galicia, enfocándose en paliar as desigualdades sociais, territoriais e de xénero, especialmente en zonas rurais.
RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=