Oleiros guapo 149 A calidade urbana de Oleiros defínese pola súa enorme infraestrutura pública, que abrangue equipamentos, espazos abertos, servizos, recuperacións arquitectónicas ou de elementos etnográficos, etc. Cada un destes edificios, lugares ou espazos ten detrás unha historia de xestión, que é ao mesmo tempo unha historia de amor a Oleiros e ao público. Amor ao territorio e amor ás herdanzas que recibimos do pasado. Grazas á xestión urbanística foise conseguindo un importante patrimonio que é de todas e todos. Os mellores lugares do municipio son espazos abertos á cidadanía nos que é posible deleitarse coa contemplación e o gozo da natureza, lonxe de perigos e estrés. As necesidades tanto da administración pública como da vida social e deportiva foron ocupando antigos edificios que doutro xeito acabarían abandonados ou desaparecendo. A relación das seguintes páxinas recolle un percorrido polo equipamento e infraestrutura de interese público, atendendo á súa función. A gran maioría son de propiedade e xestión municipal, e outras (como as educativas ou sanitarias) doutras administracións, se ben na maior parte dos casos fóron edificadas en terreos cedidos polo Concello. Tamén hai algunhas privadas. Nalgún caso, as imaxes aparecen repetidas, xa que nelas conflúen liñas de acción política diversas (por exemplo, a súa recuperación patrimonial e a súa nova función como sede dalgún servizo público). Todas, desde o edificio máis sobranceiro ata a rotonda máis sinxela ou a fonte máis humilde, teñen o mesmo valor para o territorio, porque axudan a facer máis doada e feliz a vida das persoas. Unha por unha foron conseguidas, ideadas, restauradas ou postas en valor palmo a palmo, con mimo e vontade, e tamén cos distintos mecanismos que a lei prevé, grazas á decisión política de vivir nun espazo no que o público prima sobre o privado e no que boa parte do territorio pertence a toda a cidadanía. Un Oleiros ben equipado que medra cada día para enriquecer non só o territorio, senón a vida e a memoria das persoas, para reforzar o pulo cultural, social e ambiental. Para reforzar o orgullo de vivir nun municipio distinto, realmente fermoso e avanzado. Os espazos públicos de Oleiros
RkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=