2 Oleiros guapo A maioría das fotografías aéreas deste libro foron realizadas por Joaquín Barreiro, de Aerorec, durante os meses de novembro e decembro de 2022. O resto corresponde ao Arquivo Municipal. Foi redactado, deseñado e maquetado polo Gabinete de Comunicación Municipal e impreso por Printer Book 2010, S.L., empresa gañadora do concurso público convocado para o efecto. Exemplar gratuíto. Prohibida a súa venda. D.L.: C 206-2023 Oleiros, 2023
4 Oleiros guapo
Oleiros guapo 5 O noso pequeno paraíso Con esta publicación amosamos unha xestión desde o Concello amparada nunha planificación urbanística e unha grande protección medioambiental que fixo posible un desenvolvementosustentable, dotandooconcellodemúltiples espazos e equipamentos para o goce e a convivencia veciñal. Unha exemplar e honesta xestión do territorio foi a clave para conseguir infraestruturas e lugares de alta calidade urbana e poñelos a disposición da cidadanía. Lograr que todo o noso espazo costeiro, de 26 km, sexa de uso público; a protección de zonas húmidas e regatos e a ordenación de grandes áreas boscosas; a creación de sendas, paseos e alamedas que permiten a interconexión das parroquias e núcleos que a compoñen, converten Oleiros nun exemplo de bo facer. Castros, pazos e casas señoriais de gran beleza arquitectónica e alto interese histórico forman parte do amplo patrimonio municipal a disposición da veciñanza. Oleiros é un concello distinto, un soño colectivo no que veciñas e veciños teñen un innegable protagonismo. Un espazo agradable para vivir, dotado dunha gran beleza e múltiples instalacións para a convivencia e o deleite das persoas. Un pequeno paraíso. Ángel García Seoane Alcalde de Oleiros
Oleiros guapo 7 Oleiros Guapo é un convite a visitar 40 lugares do municipio nun itinerario cheo de suxestivas maneiras de mellorar o territorio no que vivimos. 10 | O interior da ría 18 | De Rialeda a Santa Cristina 22 | Santa Cristina 28 | Nirvana 32 | Bastiagueiro 40 | Bastiagueiro - Che Guevara 44 | Bosque dos Veciños 46 | Parque As Trece Rosas 54 | As Galeras 58 | Castelo de Santa Cruz 62 | Santa Cruz 64 | Naval 66 | Parque da rúa do Mar 68 | Xaz 72 | Bosque de Xaz 74 | Campo de Golf 78 | Senda do Pazo de Arillo 80 | Rialta 82 | República Arxentina 84 | As pequenas calas 86 | Canide 90 | O Balcón de Maianca 94 | Lagoa de Mera 96 | Mera 102 | Estrada da Besta 103 | Pinar do Río 104 | Espiñeiro 106 | Faros de Mera 110 | Seixo Branco 112 | Monumento Natural 114 | Portiño de Dexo 118 | Campo deportivo da Marola 120 | Dexo 122 | Lorbé 124 | Oleiros 130 | Polígono comercial 132 | Iñás 136 | Nós 140 | Finca Tenreiro 144 | Parque Romántico de Montrove 148 | Espazo público e equipamentos de Oleiros
A natureza púxonos no mellor lugar do mundo. E cada día traballamos por melloralo.
10 Oleiros guapo O interior da ría 1
Oleiros guapo 11 Pouco a pouco foise conseguindo liberar a costa e poñela a disposición das persoas, alonxando no posible as actividades máis molestas. Foise facendo dando prioridade aos valores naturais da ría, sen novos recheos e respectando a biodiversiade. Hoxe é posible gozar desta zona interior da ría coa sensación de benestar que provocan as paisaxes máis xenuínas.
12 Oleiros guapo
Oleiros guapo 13
14 Oleiros guapo
Oleiros guapo 15 A parte máis íntima da nosa costa é o interior da ría da Pasaxe. A súa ribeira foi converténdose co tempo nun continuo de paseos xerados grazas ás achegas que teñen que facer as novas urbanizacións creadas desde O Graxal, como esta zona do Paraíso, o nome tradicional que recibe debido ao seu carácter acolledor.
16 Oleiros guapo O Graxal, O Seixo, O Paraíso, Beiramar e Agramar son os nomes tradicionais destes paseos peonís arborados que conforman agradables miradoiros sobre a ría, en paralelo á avenida das Mariñas, a vía comercial de Perillo.
Oleiros guapo 17
18 Oleiros guapo A finca Rialeda e a sede da Biblioteca Central, o corazón da rede de 8 centros en todo o municipio. O bonito edificio modernista, estilo secesión vienesa, foi concibido polo arquitecto González Villar como agasallo para a súa dona. Un magnífico exemplo das casas que a burguesía coruñesa xa empezaba a construír como segundas residencias en Oleiros.
Oleiros guapo 19 Os paseos litorais forman unha liña continua baixo a ponte, conectando as dúas áreas da paisaxe ben diferenciadas: o interior da ría e o areal de Santa Cristina. O torreón Bescansa e A Fábrica son dous edificios históricos hoxe recuperados para a vida pública de Oleiros, integrados nese borde litoral. De Rialeda a Santa Cristina 2
20 Oleiros guapo O torreón dos Bescansa, que naceu como polvoreira no século XVII para fornecer de munición o castelo de Santa Cruz, e hoxe recuperado polo Concello, é a edificación máis antiga do lugar.
Oleiros guapo 21 O areal de Santa Cristina nace realmente nesta primeira praíña que acaba conectándose coa barra principal. Hoxe está integrada no parque José Martí grazas a este precioso paseo marítimo.
22 Oleiros guapo Santa Cristina 3
Oleiros guapo 23 Aínda que a simple vista non poida parecer, as actuais áreas verdes de Santa Cristina, algo das dunas e incluso parte do areal son unha conquista da veciñanza perillá. Ao final da ditadura algúns especuladores tiñan proxectado urbanizar toda a área con recheos e privatizacións que se frearon en seco grazas á forza e á organización veciñal. Na foto pode verse ata onde chegou a urbanización e o froito, en forma de xardíns e dunas, do que se logrou protexer e renaturalizar, tras eliminar diversas edificacións e obstáculos ao desenvolvemento natural da paisaxe.
24 Oleiros guapo O parque José Martí é hoxe o corazón de Santa Cristina, un lugar no que se quixo recrear a serenidade e a paz das antigas vilas de descanso, pero aberto a todas as persoas, que hoxe poden gozar dos grandes paseos de ribeira, a praia e os agradables recunchos deste parque cheo de engado. E de paso, unha homenaxe á liberación dos pobos latinoamericanos, froito do compromiso internacionalista de Oleiros.
Oleiros guapo 25
26 Oleiros guapo
Oleiros guapo 27
28 Oleiros guapo Nirvana 4 Un espazo costeiro mesmo enriba dos rochedos que separan Santa Cristina de Bastiagueiro. Un lugar ao que nos aproxima a súa etimoloxía misteriosa, de alto valor espiritual, conectado cos estados máis positivos e luminosos da paisaxe, do horizonte, do benestar.
Oleiros guapo 29
30 Oleiros guapo
Oleiros guapo 31 Exercemos un espírito de cooperación internacional para mitigar no posible as desigualdades no mundo. É o sentido que ten esta homenaxe ao lendario Ernesto Che Guevara, un dos líderes máis carismáticos do século XX. A súa vida apaixonante na procura da liberdade dos pobos de América dá nome a boa parte da avenida litoral de Oleiros e honra coa súa serenidade icónica a quen pasa por este frecuentado lugar.
32 Oleiros guapo
Oleiros guapo 33 Quen diría hoxe en día que Bastiagueiro era un lugar degradado, ameazado pola especulación e de difícil acceso. Foise conseguindo rehabilitar a traseira da praia, acción urbanística da que resultaron grandes espazos para o ocio, o paseo e o solaz, preservando os seus mellores valores. A praia segue a ser escenario dunha activa vida deportiva e ofrecendo á cidadanía un dos mellores areais da baía. Bastiagueiro 5
34 Oleiros guapo A beleza da paisaxe xorde en calquera momento, en calquera estación. Celebramos cada día vivir nun país de clima variado e estimulante para múltiples actividades, tanto no contacto coa natureza coma de portas a dentro. Coidar esta paisaxe e facer posible que poidamos gozar dela desde os mellores lugares da nosa costa grazas aos grandes espazos públicos liberados no litoral é un dos mellores agasallos que nos fixemos en Oleiros nas últimas décadas.
Oleiros guapo 35
36 Oleiros guapo Desde o magnífico areal de Bastiagueiro, escenario de deporte tanto dentro coma fóra da auga, pode contemplarse boa parte da nosa costa, desde as pequenas enseadas de Santa Cruz e Naval ou os cantís de Dorneda ata as solemnes rochas de Serantes, en pleno Monumento Natural, precedidos polas dúas sentinelas brancas de Mera.
Oleiros guapo 37 De Bastiagueiro cara ao norte hai unha espléndia transición sobre os rochedos da praia. Achegámonos a un dos grandes parques de Oleiros: o das Trece Rosas, unha mestura perfecta de beleza, memoria, horizonte, quietude e paisaxe, como acredita este precioso piñeiral. A xestión política do Concello permitiu desprivatizar o litoral e crear unha costa libre e transitable para toda a cidadanía
38 Oleiros guapo As praias de Oleiros son moito máis que areais. Uns entornos verdes, agradables e coidados invitan ao paseo e ao lecer durante todo o ano
Oleiros guapo 39 Con ser ben importante, Bastiagueiro non só é unha praia. Tamén é o INEF, a nova zona deportiva de skate, patíns e parkour e o futuro edificio de eventos e espectáculos. E tamén o parque que se foi conseguindo a base dunha política urbanística teimuda e constante, que logrou converter en públicos boa parte dos espazos privatizados preto da praia. Conforman un agradable parque costeiro que contén a Casa de Bastiagueiro, espazo de cesión sobre todo para divertidas xoldas xuvenís.
40 Oleiros guapo A zona de servizos que se atopa entre a avenida Che Guevara e o Bosque dos Veciños ten reservado un lugar entre as pistas de skate e patinaxe para o que será un elemento dinamizador para a economía e a cultura: o futuro multiusos, un tambor de cristal pousado ao pé do monte. Bastiagueiro - Che Guevara 6
Oleiros guapo 41
42 Oleiros guapo Os deportes de exterior teñen escenarios de calidade nesta zona do Concello. Ao lado da pista de atletismo do INEF instalouse outra de patinaxe, o skate park e o parkour. Novas formas de relacionármonos coa actividade física.
Oleiros guapo 43
44 Oleiros guapo Unha ampla extensión entre os núcleos máis poboados do municipio, reservado sen edificacións e dedicado á natureza e ao ocio san e activo. Un pulmón inserido no triángulo Perillo, Bastiagueiro e Santa Cruz, ben comunicado e aberto a un sen fin de posibilidades deportivas e culturais. Bosque dos Veciños 7
Oleiros guapo 45 O Concello rehabilitou igrexas, recuperou adros e reconstruíu os cruceiros de practicamente todas as parroquias
46 Oleiros guapo Parque As Trece Rosas 8
Oleiros guapo 47
48 Oleiros guapo
Oleiros guapo 49 Un lugar que simboliza a luz e a resistencia ante a barbarie. Un parque conseguido metro a metro, grazas a unha política urbanística pensada para a maioría, non só para uns poucos privilexiados. Prados, bosques, recunchos e paseos que comparten a área marítimo-terrestre de enorme beleza entre Bastiagueiro e Santa Cruz. As Trece Rosas foron asasinadas polos vencedores da Guerra Civil Española, pero a súa memoria vivirá para sempre entre nós sobre o Atlántico, nunha paraxe de enorme beleza.
50 Oleiros guapo
Oleiros guapo 51
52 Oleiros guapo
Oleiros guapo 53 O desenvolvemento urbanístico municipal trouxo consigo este tipo de espazos públicos, que definen a nova identidade de Oleiros e teñen un incalculable valor territorial que pasará de xeracións en xeracións. Lugares que nos axudan a vivir en contacto coa natureza e nos facilitan unha vida sa e activa.
54 Oleiros guapo As Galeras 9
Oleiros guapo 55 As Galeras é a parte do parque das Trece Rosas máis próxima a Santa Cruz. O fermoso promontorio que separa Bastiagueiro Pequeno da enseada do castelo, que pasou de ser un monte abandonado a converterse nun engaiolante parque cheo de recunchos para estar, xogos, paseos sobre o mar, miradoiros e amplos e acolledores prados con sol e con sombra. Este parque conseguiuse grazas á urbanización da franxa existente entre a costa e a avenida Che Guevara, pero preservouse como espazo público a mellor zona do ámbito, a que decorre por riba dos pedregosos cantís do lugar.
56 Oleiros guapo Galeras é un lugar de gran riqueza paisaxística e botánica, enmarcando de forma exquisita a contorna do castelo e bahía de Santa Cruz, conectando e dando continuidade ao paseo. Cando se unan en Dorneda, poderemos camiñar a rentes do mar por toda a liña litoral do municipio, desde Dexo ao Graxal.
Oleiros guapo 57
58 Oleiros guapo Castelo de Santa Cruz 10
Oleiros guapo 59
60 Oleiros guapo Esta fortaleza fixo parte do histórico sistema defensivo da ría coruñesa, formando un triángulo protector con San Antón e o desaparecido de San Diego, tres enclaves estratéxicos. Tras pasar polas mans de dona Emilia Pardo Bazán, acabou en mans do exército, a quen houbo que comprarllo para que a cidadanía puidese gozar do seu enorme valor paisaxístico e histórico. Unha conquista traballada ata o último momento, pois algúns militares, tras a adquisición, negábanse a entregarllo ao pobo, que se manifestou espontaneamente por recuperar a illa. Iso ocorría nos anos 80. Desde entón está incorporado ao paseo de Santa Curz, e é a sede do Centro de Divulgación Ambiental de Galicia.
Oleiros guapo 61
62 Oleiros guapo A evolución de Santa Cruz supuxo a transformación do litoral, eliminando edificacións ilegais, ampliando o paseo e xerando novos espazos públicos, como a praza de Esther Pita, ou a rúa do Repicho, que se uniron a tradicionais zonas de divertimento como o vello peirao, conformando un escenario ideal para a vitalidade económica e social do pobo. Santa Cruz 11
Oleiros guapo 63 Santa Cruz foi medrando nas últimas décadas con exquisita sensibilidade, con grandes paseos e liberando boa parte do seu centro urbano. O parque Luis Seoane é o epicentro que conecta a costa con algúns dos principais servizos como a escola, o centro de saúde, o centro cultural As Torres ou as dúas zonas comerciais da vila: Viñas de Babilonia e Concepción Arenal.
64 Oleiros guapo 12 Naval forma parte da parroquia de Dorneda, xusto no límite con Santa Cruz, que pertence á de Liáns. Neste lugar produciuse hai anos outra das amenazas á paisaxe costeira, coa construción de edificios enriba do acantilado, con previsión de continuar estragando o lugar. Mesmo nalgún momento houbo que reforzar o cantil ante o seu derrubamento, que ameazaba a seguridade do edificio máis próximo á praia. Naval
Oleiros guapo 65 En Naval habilitouse un tranquilo miradoiro tras a adquisición do terreo non edificado, dignificándose o acceso á praia e dispoñendo unha xenerosa zona verde e lugares de estacionamento ordenados para as persoas usuarias das praias.
66 Oleiros guapo Foi doado por unha veciña exemplar, Sandra Ortega, que renunciou aos dereitos urbanísticos de levantar máis de 80 vivendas a pouca distancia da praia de Naval, parroquia de Dorneda. Un novo espazo verde ao inicio da rúa do Mar para solaz da veciñanza e relax de quen o visite. 13 Parque da rúa do Mar
Oleiros guapo 67
68 Oleiros guapo Unha parte importante da parroquia de Dorneda está ocupada polo novo espazo urbano de Xaz. En paralelo, restaurouse o pazo, un dos máis interesantes do municipio, especialmente polo deseño dos seus afrancesados xardíns xeométricos. O centenario edificio, un dos pazos máis sobranceiros da comarca, está dedicado na actualidade á realización de eventos acordes coa súa relevante historia.
Oleiros guapo 69 Xaz14
70 Oleiros guapo O singular modelo de xestión municipal xera emprego e numerosas oportunidades para persoas autónomas e empresarias
Oleiros guapo 71 O desenvolvemento desta zona de Dorneda supuxo a chegada de novas persoas e a estruturación de novos espazos públicos. Quen queira ir desde o litoral á Vía Ártabra verá mellorada a súa seguridade viaria. Tamén se crearon lugares de socialización e gozo da natureza.
72 Oleiros guapo Un espazo natural situado entre a estrada de Arillo a Oleiros e a Vía Ártabra. Pasou a propiedade pública grazas á urbanización próxima, que tivo que cedela para que esta zona central tivese tamén a súa grande área natural de entretemento. Bosque de Xaz 15
Oleiros guapo 73 Mellorar a seguridade viaria na avenida Uruguai foi unha das principais melloras na ruta entre Arillo e Oleiros, que xa se pode facer camiñando ou en bici con tranquilidade.
74 Oleiros guapo
Oleiros guapo 75 Campo de golf A creación de novos servizos turísticos e deportivos é unha das dimensións do éxito de Oleiros como territorio atractivo para nova veciñanza e novas actividades económicas. O campo de golf de Xaz, ademais do seu valor paisaxístico, é un importante chanzo para a economía turística e de servizos do municipio. Para o seu mantemento, reutiliza augas residuais depuradas, o que minimiza o seu impacto ambiental. Tamén foi creada a Escola Municipal de Golf, para fomentar a práctica deste deporte. 16
76 Oleiros guapo
Oleiros guapo 77
78 Oleiros guapo Senda do Pazo de Arillo 17
Oleiros guapo 79 Un exemplo de como coidar a seguridade viaria e ao mesmo tempo respectar o patrimonio histórico. Negociouse coa propiedade do Pazo de Arillo para conseguir espazo peonil neste perigoso treito da avenida da República Arxentina. Para respectar o histórico muro do recinto, construíuse outro interior para crear este agradable paseo baixo as árbores do lugar.
80 Oleiros guapo O Concello creou grandes parques públicos por todo o municipio para fomentar a convivencia e o lecer entre as persoas
Oleiros guapo 81 Rialta 18A urbanización que arrodea o parque Nicolás Redondo, en Arillo é o grande exemplo de Oleiros ao que pode ser un espazo de maioritariamente de promoción pública de vivendas combinado con outras de promoción privada. Un barrio cheo de equipamentos (biblioteca, piscina, ximnasio, polideportiva, local social, paseos) e cunha magnífica relación coa paisaxe, xa que está inserido entre o campo e a gran praza central que o unifica e lle dá carácter.
82 Oleiros guapo República Arxentina 19
Oleiros guapo 83 A vía que atravesa Dorneda comunica tres dos principais núcleos do concello: Santa Cruz, Arillo e Mera. Realizouse unha importante obra para mellorar a seguridade viaria grazas á beirarrúa ciclopeonil e novos espazos para o estacionamento. Agora pódese camiñar con soltura e garantías.
84 Oleiros guapo As pequenas calas 20
Oleiros guapo 85 Non só de grandes praias vive Oleiros. As pequenas calas son moi agradables para a vida social e familiar. As Margaridas, a caliña de Naval, Canide, Canabal, Portelo, Bastiagueiro Pequeno, Esteiro... A costa de Dorneda é un continuo de cantís entre Naval e Canide, e nun futuro próximo o seu litoral será público, como é o de Serantes, Maianca e Liáns, e poderemos pasearnos polo alto dos cantís.
86 Oleiros guapo Canide 21
Oleiros guapo 87 Hoxe Canide loce renovada e con todos os servizos urbanos. Pero estivo anos paralizada. No seu momento deixárase construír en precario, sen accesibilidade, saneamento, iluminación, etc. Cando os seus propietarios realizaron as obras oportunas, reactiváronse as licenzas de obra. Nese momento produciuse o desenvolvemento urbano actual, con importantes cesións de espazo público para parques, accesos e rúas decentes e a expansión que Mera necesitaba. Aquí atópanse tamén o colexio e o pavillón polideportivo José Antonio García Nieto.
88 Oleiros guapo
Oleiros guapo 89 A expansión de Mera é unha sucesión de espazos urbanizados de enorme beleza na ladeira entre a avenida María Pita e a costa do Portelo, con espléndidas vistas sobre a boca da ría e os tres faros de entrada: os dous de Mera e a histórica Torre de Hércules, que preside o golfo Ártabro. Entre os novos espazos públicos da franxa litoral atópase o bosque de Canide, un precioso parque sobre o acantilado.
90 Oleiros guapo En cada unha das urbanizacións de Oleiros sempre se reservan os mellores lugares para que a costa se convirta na auténtica protagonista dos espazos públicos verdes. A conexión entre Canide e Mera a pé está resolta con este espléndido paseo peonil entre prados e árbores sobre o cantil. O percorrido forma parte da senda litoral coa que se conseguirá unir Lorbé e O Graxal. Boa parte del xa está en servizo.
Oleiros guapo 91 O Balcón de Maianca 22
92 Oleiros guapo
Oleiros guapo 93
94 Oleiros guapo A actividade industrial de tempos pasados deixounos vestixios que houbo que reconverter, darlles valor e incorporalos á paisaxe urbana que distingue o noso concello. É o caso da lagoa de Mera, a pía da antiga telleira, que foi renaturalizada para crear un espazo senlleiro e moi agradable para o paseo e o relax. Arredor dela, fóronse creando equipamentos e servizos urbanos que fan de Mera un lugar ideal para vivir.
Oleiros guapo 95 Lagoa de Mera 23
96 Oleiros guapo
Oleiros guapo 97 Serantes e Maianca concentran en Mera a súa dimensión máis urbana, coa vida do seu paseo e a animación das praias no verán. Coser toda a costa meracha, desde Canide ata o Faro, con agradables parques e paseos sobre a ría deu nos últimos anos unha nova dimensión a este lugar privilexiado e polo que paga a pena traballar arreo. Ademais de ampliar o paseo, crear novos treitos e peonalizar algúns lugares, creáronse as prazas de Ana Kiro e o Arxentino e novas urbanizacións na zona central. Mera 24
98 Oleiros guapo
Oleiros guapo 99 Aínda hai quen lembra que enriba deste penacho, a illa do Portelo, alguén construíra unha casa ilegalmente. Aquela edificación derrubouse, eliminando un atentado ambiental e un grave caso de feísmo. Ademais, preservouse o carácter público da costa e mellorouse ambiental e paisaxisticamente este fermoso lugar de Maianca. A illa acompaña desde o mar o paseo que comunica Canide con Mera, pola capela de Santa Ana, un precioso miradoiro sobre a baía.
100 Oleiros guapo O cambio de pavimento en Mera deu unha enorme personalidade ao lugar. Foi para incrementar a seguridade viaria. Os coches saben, sen que llelo diga ningún sinal, que entran nun espazo senlleiro e teñen que ir con máis coidado. É un tributo á antiga actividade telleira, xa que o pavimento está feito de lastro vermello, o material do que se facían as tellas, pero endurecido.
Oleiros guapo 101 As antigas estradas que conformaban o interior de Mera foron converténdose en rúas nas que se pode camiñar con seguridade. Así ocorre nas que dan acceso ao Auditorio Gabriel García Márquez, un dos corazóns culturais do municipio.
102 Oleiros guapo Os amplos espazos peonís que resultaron da mellora da estrada da Besta, que une Mera coa Vía Ártabra permiten unha circulación peonil máis desafogada. Obras viarias da Deputación que tamén se conseguen con tesón, para mellorar a calidade do territorio. Estrada da Besta 5
Oleiros guapo 103 Novos desenvolvementos urbanos dan lugar a novos parques públicos, coma este de Pinar do Río, preto da rúa Doutor Fléming, onde se recupera a ribeira do regato que atravesa o lugar e espazos de paseo e lecer. Pinar do Río 26
104 Oleiros guapo Espiñeiro 27
Oleiros guapo 105 Espiñeiro é a continuación da praia de Mera, separadas ambas por un treito de rochas e unidas desde hai uns anos polo novo paseo que comunica ambas praias pola liña de costa, serpeando polo cantil e adaptándose ás posibilidades que ofrecía o terreo. O resultado é un paseo-miradoiro enriba do mar que dá acceso ás praias e fai de escenario para a vida activa e natural.
106 Oleiros guapo Faros de Mera 28
Oleiros guapo 107 Son os amos e señores da fera paisaxe das rías, os que teñen a chave do Portus Magnus Artabrorum. Para nós son os símbolos de Mera e por iso coidamos a súa contorna e protexemos os seus camiños con todo o agarimo e a complicidade coa privilexiada natureza do lugar.
108 Oleiros guapo Construídos no 1917, ademais da súa función marítima, foron un reduto de liberdade na década dos 40 e 50 como escola non sometida ás doutrinas nacionais católicas
Oleiros guapo 109 Os faros de Mera son algo máis ca un símbolo de Oleiros. Son unha peza loxística fundamental para entrar na ría e no porto da Coruña. Tras longas xornadas de navegación os grandes barcos que aquí chegan teñen que orientarse polos sinais marítimos de Mera para penetrar con garantías dun bo atracamento. Unha paraxe memorable para contemplar o horizonte e estudar a costa na Aula do Mar, na antiga Casa do Fareiro, que tamén é centro de recepción de visitantes do Monumento Natural de DexoSerantes.
110 Oleiros guapo Seixo Branco 29
Oleiros guapo 111 Esta brincadeira branca de cuarcita inserida en pleno cantil é, xunto a Torre de Hércules, os faros de Mera e a illa da Marola, a icona máis significativa do sur do Arco Ártabro. Esta gran dama marmórea da costa de Oleiros é o centro dunha contorna máxica, chea de furnas que bufan xogando coas ondas e a marea e sendeiros que percorren toda a costa norte. Sen dúbida, é un dos escenarios costeiros máis espectaculares de Galicia. Para que hoxe poidamos gozar deste espazo natural tivemos que defendelo, protexelo e mimalo, porque as ameazas foron moitas. Aínda hai vestixios da presenza militar. Cando non lles foi útil, Defensa quería vendelo a unha empresa para urbanizar. Pero non puideron porque o Concello xa o protexera co plan xeral. Despois, a Unión Europea declarouno parte da Rede Natura como monumento natural grazas ao traballo previo realizado polo Concello de Oleiros. Hoxe é teu.
112 Oleiros guapo
Oleiros guapo 113 As landas costeiras de Dexo e Serantes son unha sucesión de suxestivas paraxes de enorme beleza, constantemente sobre o indómito mar ártabro. Desde o Concello sempre as consideramos a nosa gran xoia natural, polo que é obxecto da maior protección ambiental e urbanística. Son un enorme pulmón que nos axuda a respirar e nos oferece un privilexiado lugar para o paseo e a vida activa. Monumento natural 30
114 Oleiros guapo Portiño de Dexo 31 Só con ver esta paraxe podemos imaxinar a dureza e o desamparo que durante centos de anos facían da nosa xente do mar a máis ousada e valente. Isto é un porto que fomos convertendo nun acolledor miradoiro sobre a illa da Marola, tanto para ir desde Dexo coma se se está de ruta polas numerosas sendas do monumento natural.
Oleiros guapo 115
116 Oleiros guapo
Oleiros guapo 117
118 Oleiros guapo Campo deportivo A Marola 32
Oleiros guapo 119 Un novo centro deportivo para que os clubs teñan instalacións dignas para desenvolver as súas actividades, tan interesantes para que a mocidade viva un ocio activo e san. Unha acción moi agardada que veu incrementar a infraestrutura deportiva, converténdose no sexto campo de fútbol municipal.
120 Oleiros guapo O agarimo coas herdanzas recibidas maniféstase no esmero empregado na restauración integral desta igrexa, como en tantos outros exemplos por todo o municipio Dexo 33
Oleiros guapo 121 Santa María de Dexo é o edificio máis antigo do municipio. Unha pequena igrexa románica que no seu día foi restaurada pedra a pedra polo Concello para conservar o seu gran valor simbólico e arquitectónico. Xunto coa Casa do Pobo, a pista polideportiva e o parque infantil, conforman o centro da parroquia situada máis ao norte do concello, chea de vitalidade e de alto valor ambiental.
122 Oleiros guapo É o lugar onde aínda se percibe a antiga esencia mariñeira, sustento tradicional de moitas familias, que hoxe se complementa coa explotación acuícola e a hostelería como base dunha economía turística á que aínda lle queda moito percorrido. Os valores da paisaxe, as bateas tradicionais, os novos criadeiros de peixe conforman un ecosistema produtivo de proximidade de alto valor, especialmente potenciado desde que se melloraron os accesos coa Vía Ártabra. Lorbé 34
Oleiros guapo 123 A calidade residencial de pobos, urbanizacións e parroquias pasa tamén por mellorar o seu espazo público e adaptalo ás novas necesidades. Tras a construción da Vía Ártabra melloraron moito as comunicacións en Lorbé, pois evitáronse os tráficos de paso para o porto. Tamén ten mellorado a calidade peonil da rúa Golfiño, a vía principal da parroquia, coa construción de beirarrúas.
124 Oleiros guapo Os cinco edificios que conforman o núcleo central do Concello foron recuperándose ata facer da capital municipal un centro administrativo que simboliza o Oleiros das arquitecturas salpicadas de frondosos xardíns.
Oleiros guapo 125 A praza de Galicia, o parque Víctor Jara e os xardíns de Casa Charry ganaron espazo público para o paseo, o xogo e o relax urbano. A praza da Rabadeira, corazón de Santa María de Oleiros, tamén foi medrando ao longo do tempo grazas a unha xestión que persegue a excelencia e a alta calidade urbana. Hoxe forma un espazo moi senlleiro co precioso mural da artista Lula Goce que lle achega unha inconfundible personalidade. Moi preto, os murais de Joseba Muruzábal e Luis Olaso embelecen outras paredes da parroquia. Oleiros 35
126 Oleiros guapo
Oleiros guapo 127 Os acolledores xardíns da capital municipal abranguen tanto ao núcleo tradicional coma ás expansións urbanas, xa que a parroquia foi medrando sen estridencias. Novos espazos urbanos integrados na paisaxe con harmonía e xerando lugares de convivencia e con todos os servizos dun hábitat residencial de alta calidade. O urbanismo de baixa densidade de Oleiros compaxina o crecemento sostible coa creación de numerosos equipamentos e espazos públicos
128 Oleiros guapo Ademáis dos parques e zonas verdes, o centro de actividade física, composto de piscina e ximnasio ofrece múltiples posibilidades para unha vida activa a toda a veciñanza do interior. O Parque dos Regos é o exemplo dunha gran urbanización dotada dunha boa área verde, instalacións deportivas e outros equipamentos.
Oleiros guapo 129 A seguridade viaria é un aspecto fundamental que Oleiros leva anos coidando. É o caso das beirarrúas peonís da avenida Venezuela, que conecta a capital do municipio con Santa Cruz, pola que xa se pode camiñar con garantías.
130 Oleiros guapo 37Iñás
Oleiros guapo 131 As glorietas facilian o tránsito vehicular, e permiten incrementar a seguridade viaria, especialmente en lugares de deficiente visibilidade como era este. A construción da glorieta da Cascaxeira supuxo mellorar os accesos entre Iñás, Nós, Cambre e Abegondo. Iñás presenta varios avances viarios, como a rede do polígono comercial e Arenaza, así como as infraestruturas parroquiais en torno á casa do pobo, para a vida social, a cultura, o paseo e o deporte. A vida activa e a conservación hidrolóxica e natural teñen unha nova dimensión co paseo que conectará a parroquia con Nós, en paralelo á NVI, e que suporá un novo itinerario ciclopeonil seguro e de agradable paisaxe.
132 Oleiros guapo
Oleiros guapo 133 Iñás é un dos centros nos que bascula parte da actividade económica do municipio, pero conta tamén con núcleos tradicionais e novas urbanizacións. A súa ubicación estratéxica, próxima a outros polígonos de relevancia, á rede de autoestradas e á Vía Ártabra, convírteno nun polo residencial, comercial e económico de primeira liña. Para fomentar as vocacións emprendedoras e dar pulo a novos proxectos, ademais do viveiro de empresas do polígono, creouse o centro de coworking do Pazo de Arenaza. Unha grande parte do patrimonio histórico de Oleiros foi adquirido e recuperado polo Concello e hoxe presta distintos servizos á cidadanía
134 Oleiros guapo Cada vez instálanse máis empresas no polígono de Iñás, especializado en servizos comerciais que se vai convertindo nun lugar de referencia comarcal. A crecente oferta comercial, ademais de xerar postos de traballo, ofrece importantes servizos de consumo á cidadanía, que dispón de centros comerciais amplos e cómodos. Creouse tamén un complexo municipal de 20 naves dedicadas a viveiro de empresas, que comparten edificio con servizos municipais como o de emerxencias. 36Polígono comercial
Oleiros guapo 135 O arboredo frondoso que vai desde o Pazo de Arenaza ata o outro lado do polígono protexe a canle do regato de San Pedro, que se amplía para ofrecer unha senda natural paralela á N-VI, avenida que cada vez adquire un carácter máis urbano e seguro grazas ás novas rotondas e ás limitacións de velocidade conseguidas. O deseño viario do polígono recuperou a riqueza hídrica do lugar, dotando os regatos dunha circulación natural, con vexetación de ribeira.
136 Oleiros guapo
Oleiros guapo 137 38Nós Casa do pobo, biblioteca, instalación deportiva, parque infantil e parque conforman o núcleo de centralidade da parroquia. Tamén se incorporaron ao espazo público outros recunchos preto do Pazo da Carballeira ou a Finca Tenreiro.
138 Oleiros guapo O parque da avenida da Paz constitúe un pequeno remanso público aproveitando a distinción das veteranas palmeiras. E o Pazo da Carballeira, sede da Fundación Juana de Vega, un legado desa distinguida dama decimonónica para o desenvolvemento da agricultura e a paisaxe. Tamén é sede do viveiro municipal e centro de formación relacionado coa natureza.
Oleiros guapo 139 A parroquia de Nós limita ao sur coas poboacións do fondo da ría. É patente a diferenza entre o tratamento do territorio en Oleiros e noutros concellos limítrofes. Mentres Oleiros apostou polos edificios de dimensións proporcionadas, noutros lugares permiten bloques inmensos de vivendas en altura ao estilo das cidades, que contrastan coa suavidade da paisaxe da ría e crean enormes muros visuais.
140 Oleiros guapo Nacida da filantropía para axudar a nenas e nenos de nais solteiras no tempo en que iso estaba mal visto, a finca e a súa edificación pasaron a mans municipais tras a súa adquisición para preservar o carácter público do inmoble e a súa finca. 39Finca Tenreiro
Oleiros guapo 141 Hoxe, o seu magnífico bosque utilízase para eventos públicos e a edificación non quere perder a súa vocación de servizo á xente nova, polo que se transformará nun albergue xuvenil.
142 Oleiros guapo
Oleiros guapo 143 No marco da Finca Tenreiro creouse o Colexio Juana de Vega, un equipamento educativo moderno e funcional, moi necesario para as familias de Nós e Iñás, que atende tanto a nenas e nenos de educación infantil como de primaria. Aínda que a educación é competencia da Xunta, o Concello aporta os terreos e faise cargo do mantemento e moitas actividades complementarias
144 Oleiros guapo Parque romántico 40
Oleiros guapo 145 Un evocador xardín sobre as ruínas do antigo pazo de Montrove, convertido nun dos espazos máis senlleiros do municipio, formando conxunto co parque da Capela. Ao rescatalo, aproveitáronse as antigas paredes, o pombal, as veteranas árbores, arbustos e hedras xogan coa arquitectura nunha danza de luces e sombras que converte o lugar nun escenario romántico e misterioso. Unha zona que moitos lembran polo terrible accidente aéreo de 1973, aquel inferno que deixara 85 mortos ao tentar aterrar en Alvedro.
146 Oleiros guapo
Oleiros guapo 147
148 Oleiros guapo Casas do pobo | Auditorios, teatros, salas | Casas para festas | Casas da mocidade | Bibliotecas | Outros espazos culturais | Sedes municipais | Campos de fútbol | Instalacións náuticas | Pavillóns deportivos | Centros deportivos, piscina e ximnasios | Pistas polideportivas e outras instalacións | Recuperación de edificios | Equipamento educativo | Equipamento sanitario e socio sanitario | Parques naturais | Parques e prazas | Rotondas | Praias | Monumentos | Igrexas | 12 4 4 2 8 3 16 6 6 5 5 29 16 17 9 6 57 27 12 18 11
Oleiros guapo 149 A calidade urbana de Oleiros defínese pola súa enorme infraestrutura pública, que abrangue equipamentos, espazos abertos, servizos, recuperacións arquitectónicas ou de elementos etnográficos, etc. Cada un destes edificios, lugares ou espazos ten detrás unha historia de xestión, que é ao mesmo tempo unha historia de amor a Oleiros e ao público. Amor ao territorio e amor ás herdanzas que recibimos do pasado. Grazas á xestión urbanística foise conseguindo un importante patrimonio que é de todas e todos. Os mellores lugares do municipio son espazos abertos á cidadanía nos que é posible deleitarse coa contemplación e o gozo da natureza, lonxe de perigos e estrés. As necesidades tanto da administración pública como da vida social e deportiva foron ocupando antigos edificios que doutro xeito acabarían abandonados ou desaparecendo. A relación das seguintes páxinas recolle un percorrido polo equipamento e infraestrutura de interese público, atendendo á súa función. A gran maioría son de propiedade e xestión municipal, e outras (como as educativas ou sanitarias) doutras administracións, se ben na maior parte dos casos fóron edificadas en terreos cedidos polo Concello. Tamén hai algunhas privadas. Nalgún caso, as imaxes aparecen repetidas, xa que nelas conflúen liñas de acción política diversas (por exemplo, a súa recuperación patrimonial e a súa nova función como sede dalgún servizo público). Todas, desde o edificio máis sobranceiro ata a rotonda máis sinxela ou a fonte máis humilde, teñen o mesmo valor para o territorio, porque axudan a facer máis doada e feliz a vida das persoas. Unha por unha foron conseguidas, ideadas, restauradas ou postas en valor palmo a palmo, con mimo e vontade, e tamén cos distintos mecanismos que a lei prevé, grazas á decisión política de vivir nun espazo no que o público prima sobre o privado e no que boa parte do territorio pertence a toda a cidadanía. Un Oleiros ben equipado que medra cada día para enriquecer non só o territorio, senón a vida e a memoria das persoas, para reforzar o pulo cultural, social e ambiental. Para reforzar o orgullo de vivir nun municipio distinto, realmente fermoso e avanzado. Os espazos públicos de Oleiros
150 Oleiros guapo Casa da mocidade As Pedras Casa da mocidade Portaberta Casa da Cultura de Perillo Casa da República de Oleiros Casa do Pobo de Dexo Casa do Pobo de Dorneda Casa do Pobo de Iñás Casa do Pobo de Lorbé Casa do Pobo de Mera Casa do Pobo de Montrove Casa do Pobo de Nós Centro Cívico de Santa Cruz Local Social de Rialta Local Social da Lagoa de Mera Auditorio A Fábrica Auditorio Gabriel García Márquez Teatro As Torres Casa Charry Casa da Gardesa Casa de Bastiagueiro Casa de Agramar Casa Echeverry > Centros socio culturais municipais autoxestionados polas entidades locais > Espazos municipais para espectáculos e vida cultural > Casas municipais de cesión para eventos ou festas, e casas da mocidade
Oleiros guapo 151 Biblioteca Central Rialeda. Perillo Biblioteca Manuel María. Oleiros Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda Biblioteca Mª José Trincado. Mera Biblioteca Rosalía de Castro e C. Doc. da Muller. Santa Cruz Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé Biblioteca Ánxel Fole. Nós C. de Doc. Ambiental Domingo Quiroga Aula do Mar Castelo de Santa Cruz Museo Os Oleiros Casa do Concello Obras Públicas, RRHH e Tecnoloxías Facenda Municipal Servizos Sociais e Igualdade Cultura, Deportes, Xuventude, Educación, N. Lingüística / A Fábrica C.M. Formación Isaac Díaz Pardo C.M. Formación A Carballeira Casa Echeverry Radioleiros Oficina de Información Turística Policía Local > A rede municipal de bibliotecas públicas > Outros espazos culturais ou de divulgación ambiental > Sedes municipais do Concello de Oleiros
152 Oleiros guapo Servizos Municipais Punto Limpo Arquivo Municipal Mercado Municipal Emerxencias e Protección Civil Campo de fútbol Anido Campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado Campo de fútbol Leonardo Maceira Campo de fútbol Nano García Campo de fútbol O Redondo Campo deportivo AMarola > Campos de fútbol municipais Escola Municipal de surf Náutico A Fábrica Náutico de Bastiagueiro Náutico de Santa Cruz Náutico de Mera Náutico de Santa Cristina Pavillón Arsenio Iglesias Pavillón da Rabadeira Pavillón de Bastiagueiro Pavillón de Perillo > Centros de actividades náuticas municipais > Pavillóns polideportivos municipais Pavillón J. Antonio García Nieto. Canide
Oleiros guapo 153 Piscina A Fábrica Piscina e ximnasio de Dorneda Piscina e ximnasio de Oleiros Piscina e ximnasio de Perillo > Centros deportivos municipais, piscinas e ximnasios Ximnasio da Lagoa > Outros espazos deportivos especializados e xenéricos, cubertos e descubertos Pista de tenis Hábitat Pista de tenis Bastiagueiro Pista polideportiva de Dexo Pista polideportiva dos Regos Pista polideportiva da II República Pista polideportiva de Iñás Pista polideportiva de Lorbé Pista polideportiva de Meixonfrío Pista polideportiva de Miraflores Pista polideportiva de Nós Pista polideportiva de Rialta Pista polideportiva de Dorneda Pista de patinaxe de velocidade Pista de skate Parkour Área de calistenia Pista recreativa da Lagoa Pista recreativa do Carballido
154 Oleiros guapo Pista deportiva de Santa Cruz Pista deportiva de Xoez Campo de golf de Xaz Campo de chave de Perillo Pista deportiva As Escolas Pista deportiva Condús Pista deportiva de Cova dos Bois Pista deportiva de Dorneda Pista deportiva do Carballo Pista deportiva do Seixal Pista deportiva Romardeiro Pista deportiva de Juana de Vega A Fábrica As Torres de Santa Cruz Casa do fareiro de Mera Casa Charry Casa de Agramar Casa do Arxentino Villa Rialeda Casa Echeverry Edificio administrativo municipal Castelo de Santa Cruz Finca As Cadeas Finca Tenreiro > Edificios recuperados para o patrimonio común
Oleiros guapo 155 Pazo de Juana de Vega Pazo de Arenaza Pazo de Lóngora Torreón Bescansa Casa Labarta CEIP Juana de Vega IES María Casares Escola infantil A Canteira Escola infantil As Galeras Escola infantil Labarta CEIP Valle Inclán CEIP A Rabadeira Escola infantil A Pardela CEIP Luis Seoane CEIP Parga Pondal > Equipamento escolar (terreos cedidos polo Concello para centros públicos) IES Miraflores IES Neira Vilas Colexio Hijas de Cristo Rey Pazo de Lóngora (UDC) INEF (UDC) Centro municipal de artes escénicas Escola de música > Equipamento sanitario (terreos cedidos polo Concello para centros públicos) e sociosanitario Centro de saúde de Oleiros
156 Oleiros guapo Castro de Xaz Bosque dos Veciños Bosque do Vilar Bosque de Xaz Bosque de Canide Centro de saúde de Perillo Centro de saúde de Santa Cruz Casa do Mar de Mera Centro de día As Galeras Residencia asistida de persoas maiores Residencia de maiores Domus-Vi Centro Aspronaga Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes Centro Aspadisol > Grandes parques naturais e bosques Parque José Martí Parque A Carballeira Parque Nicolás Redondo Parque Marcelino Camacho Parque de Ana Kiro Parque de Arenaza Parque Víctor Jara Parque Fonte Leocadia Parque de Maianca > Parques urbanos e xardíns municipais
Oleiros guapo 157 Parque As Trece Rosas Parque das Galeras Parque Pazo de Abella Parque de Nirvana Parque da Choupana Parque da Barreira Parque As Pardelas Parque da Liberdade Parques costeiros de Canide Parque Os Regos Parque de Bastiagueiro Parque de Rialeda Parque Mesón da Auga Parque As Torres Parque O Areal Parque Romántico de Montrove Parque Agramar Parque Beiramar Parque O Paraíso Parque Fonte do Ouro Parque Finca Tenreiro Parque do Graxal Parque José Luis Sampedro Parque da Lagoa de Mera Parque de Pinar do Río
158 Oleiros guapo Parque fluvial de Iñás Parques de Icaria Xardíns do Castelo de Santa Cruz Parque Urbanización As Torres Parque Xardín de Nós Parque Nelson Mandela Parque da Casa do Pobo de Iñás Parque José Couso Parque Rigoberta Menchú Parque O Vieiro Parque Santiago Carrillo Parque Luis Seoane Paseo Santa Cristina - Beiramar Parque Meixonfrío Parque do paseo costeiro de Mera Parque Romardeiro Parque da praia de Naval Parque da Rúa do Mar Parque de Pinar do Río Praza da Rabadeira Parque da praza de Galicia Parque da rúa da Paz Praza Esther Pita As Galeras 1 > Rotondas axardinadas
Oleiros guapo 159 Ártabra - Fonte do Ouro Ártabra - Saltoxo As Galeras 2 As Pedreiras As Olas Inef Coruxo Santa Cristina Canide Ártabra - Miguel Hernández Miguel Hernández Romardeiro Arenaza Icaria Che Guevara O Seixo 1 O Seixo 2 Santa Cruz Polígono Iñás 1 Polígono Iñás 2 Urbanización As Torres Xaz 1 Xaz 2 Xaz 3 Xaz 4
160 Oleiros guapo Paz Tía Antonina Nelson Mandela Golfiños Emigración Xaz 5 Federico García Lorca Areal Mariñeiros de Lorbé Mariñeiros de Mera José Martí Rafael Bárez Ciclistas Cooperación Internacional Trece rosas Avós e avoas Profesorado Perla Fernández Latorre > Monumentos de Oleiros As Margaridas Bastiagueiro Bastiagueiro Pequeno Canabal > Praias e caliñas
Oleiros guapo 161 Canide Espiñeiro Mera Santa Ana Naval Portelo Santa Cristina Santa Cruz Portiño de Dexo Santa Cruz Lorbé Mera > Portos, portiños e peiraos Santa Leocadia de Perillo > Igrexas e capelas Santaia de Liáns Nova de Santa Cruz Capela de Montrove San Pedro de Nós San Xurxo de Iñás San Martiño de Dorneda San Cosme de Maianca San Xulián de Serantes Capela de Santa Ana Santa María de Dexo
O inmenso patrimonio público que está recollido neste libro; os parques, as avenidas, as praias, as instalacións deportivas, os paseos, os centros escolares, as prazas, os edificios históricos, as bibliotecas... son teus. A súa creación e conservación durante estes 44 anos é o resultado da forza dun pobo que loitou con valentía por ser distinto. Mais sendo inxente o legado material, a frutífera xestión política orixinou un tesouro inmaterial incalculable. A construción dun modelo social singular e a contribución á formación de varias xeracións de homes e mulleres libres, cultos e educados; son a maior conquista que podíamos acadar como sociedade. Un pobo concienciado é un pobo invencible. Manter vivo e forte este Oleiros guapo é unha responsabilidade de todas e todos. Protexendo e coidando con agarimo o inmenso tesouro público que temos, conseguiremos continuar construíndo este territorio libre, singular e distinto.
www.edicionmultimedia.comRkJQdWJsaXNoZXIy MTEwNTI=